Ir ao contido principal
Oliver Laxe

Oliver Laxe

1982París

Crea un cinema esencial e vibrante, onde a imaxe se converte nunha experiencia sensorial que explora o vínculo espiritual entre o ser humano, a natureza e o misterio da existencia.

Edicións como cineasta
IV2017
Roles nas películas
Dirección

Biografía


Óliver Laxe naceu en París en 1982 no seo dunha familia de emigrantes galegos. Cando tiña seis anos regresaron a Galicia para instalarse na Coruña. Despois de estudar cine e realización na Pompeu Fabra de Barcelona, marchou a Londres onde realizou en 2006 a curtametraxe en 16 mm. “E as chemineas decidiron escapar” en colaboración con Enrique Aguilar. Ata o verán do 2017 residiu en Marrocos. Alí realizou en 2007 "Soa a trompeta, agora vexo outra cara". Nese mesmo ano volve a Galicia para filmar a curtametraxe en 16 mm París #1, que obtivo o primeiro premio no Filminho e o premio ao mellor documental galego no PlayDoc. En Tánxer creou e desenvolveu Dao Byed, un obradoiro de creación cinematográfica en 16 mm. con nenos en situación de exclusión social. “Todos vós sodes capitáns”, nacido no marco desta experiencia, foi a súa primeira longametraxe. Estreouse internacionalmente na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes do 2010, onde gañou o premio FIPRESCI. Coa segunda longametraxe, Mimosas (2016) gañou o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes e foi escollida pola revista "The New Yorker" entre os 35 mellores filmes do ano 2017 estreados nos Estados Unidos.. Actualmente está a filmar a súa terceira longametraxe "O que arde" nas terras bravas do Caurel.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película