Ir ao contido principal

Trazos

Alberte Branco

II Chanfaina Lab2015

En cada rostro de “Trazos” latexa unha paisaxe íntima onde memoria, territorio e identidade se confunden

Duración

Sinopse

Trazos é un filme de indagación. Explorar o territorio na procura da identidade. Un diálogo no que agroman a terra e as emocións

Cociña da peza

Como apaixoado da fotografía, Alberte sempre amosou unha teima especial polo retrato humano: “Unha faciana é unha paisaxe humana que reflicte dalgún xeito o espazo vital do retratado. Cando cheguei a San Sadurniño tentei topar caras que me puideran conducir a outros espazos xeográficos vencellados emocionalmente ou que foran significativos para o fotografado. Dise xeito intento relacionar a paisaxe persoal coa paisaxe xeográfica na que habitan veciños e veciñas na procura dunha simbiose integral de caras e paisaxes. Penso que a mirada etnográfica tamén está presente no filme, sendo moi respectuoso coas xentes e terras de San sadurniño".
Así pois, Alberte condúcenos na procura da autenticidade do mundo rural a través de pequenas pinceladas de imaxes e sons ao xeito impresionista, a base de "trazos", como si fora "o caderno de viaxe dun antropólogo, cheo de notas e tachaduras/trazos na procura de algo que non remata por atopar". A utilización do soporte fílmico de 16 mm reforza a intención experimental do cineasta de amosar as texturas, mais tamén as costuras do soporte cinematográfico para conformar un fresco orixinal das xentes e o territorio de San Sadurniño. Os oito veciños e veciñas que aparecen en "Trazos" representan non só a paisaxe humana dun pequeno concello rural ao norte de Galicia, mais tamén unha identidade de valor universal, un puzle visual e sonoro que persegue descubrir o marabilloso universo propio que temos diante dos ollos e que moitas veces non somos quén de valorar.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Produción
Ana Pontón

Reparto

Tamén participaron

Laboratorio: Cinelab Romania Montaxe: Eloi Enciso. Posprodución de son: Miguel Barbosa. Postrodución e cor: Fernando Alfonsín. Coa participación de Olegario Carballo, Fina Casal, Helena Beceiro, Lorena Bouza, Regina Cinza e Oscar Fernández.

Galería

trazos