Ir ao contido principal
Ángel Santos

Ángel Santos

1976Marín

Guionista, director e produtor galego, integrante do Novo Cinema Galego e creador de varias curtametraxes onde combina ficción e cinema experimental.

Biografía

Tras licenciarse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2000 marchou a Barcelona para realizar un curso de guión e dirección, comezando a traballar en curtametraxes do Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya en distintos apartados técnicos (produción, son, realización, guión). Ao seu regreso a Galicia no 2008 realiza "O cazador”, adaptación de un texto de Chejov, que foi  considerado unha das mellores curtametraxes do ano pola revista Cahiers du Cinéma España. É un dos máis reputados cineastas galegos, autor de dúas longametraxes de referencia no que se deu en chamar “Novo cinema galego”. Tamén desenvolve unha intensa labor como docente, crítico e impulsor de proxectos cinematográficos.

Filmografía en Chanfaina Lab

2 películas