Ir ao contido principal
Lucía Estévez

Lucía Estévez

1994Vigo

Lucía Estévez desenvolve unha traxectoria versátil no audiovisual, combinando o traballo profesional en cine e televisión coa investigación e a creación propia, con especial atención á dirección e ao guión.

Biografía

Lucía Estévez cursa o grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e realiza un Erasmus á Universidade Católica de Porto (Portugal), onde investiga no ámbito da creación artístico-plástica. Dende 2015 traballa en longametraxes, curtametraxes e publicidade, como auxiliar de cámara en proxectos profesionais como "María (y los demás)""Cuerpo de élite" e "Trote". E noutros como script: "Arima", a multipremiada "Matria" ou a serie de TVE "Antes de Perder". Ao mesmo tempo, estuda e investiga na formación persoal en guión e dirección de actrices e actores en cine e teatro. En 2017 recibe a axuda de AGADIC para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, pola súa curtametraxe "Sendeiro" e nos últimos dous anos a vida de Lucía foi un sen parar en numerosos proxectos de cine, danza, música e teatro. No 2018 recibe o premio "María Luz Morales" ao mellor videoensaio galego por "Muller Personaxe".

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Arrolo
Ano
2018
Rol
Dirección