Ir ao contido principal
Cibrán Tenreiro

Cibrán Tenreiro

1990Perillo, Oleiros

Cibrán Tenreiro é doutor en Comunicación, ensaísta e músico, cunha traxectoria que conecta o cinema, a música e a cultura underground a través da escritura, a creación audiovisual e a participación en proxectos e festivais culturais.

Biografía


Cibrán Tenreiro é doutor en Comunicación e Información Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre o papel dos vídeos de fans na representación dos concertos. Cibrán escribe habitualmente sobre música e cine - ás veces sobre a relación entre as dúas - na revista especializada "A Cuarta Parede” “ou no seu blog “Bolsa de patacas” . No campo da música, Cibrán é voz e batería no grupo de pop Esposa. No 2017 gaña o premio María Luz Morales de ensaio por: “Equilibrios precarios. Unha aproximación aos vídeos dunha escena underground galega” . Dirixiu o documental “Entrar aos Vilares”, finalista na 12ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. As súas últimas pezas son colaboracións co proxecto Prenom Arquivo. É membro do Cineclube de Compostela e traballa habitualmente na comunicación de eventos e festivais de cinema ou música


Filmografía en Chanfaina Lab

2 películas