
Carlos Suarez
1966Ourense
Da emigración á paisaxe sonora: compositor e etnomusicólogo galego que converteu as músicas e os sons de Venezuela, o Caribe e Galicia nunha obra de dimensión internacional.
- Acompañante
- V2018Obradoiro; Introdución ao son, a gravación e a interpretación do espazo sonoro local.
Biografía
Carlos Suárez é un compositor e etnomusicólogo galego. Cando tiña un ano emigrou coa súa familia a Venezuela. Orense. España-Venezuela. Compositor electroacústico polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas. Etnomusicólogo en FUNDEF.
Creou máis de 40 obras acústicas e electroacústicas. Compuxo para danza, teatro, radio, vídeo, instalacións e recitais poéticos. As súas viaxes de investigación por Venezuela e o Caribe comezan en 1989, principalmente nas áreas culturais afroamericanas do Caribe e indíxenas do Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras. Escribiu máis de 36.000 compases de música tradicional de todo o mundo.
Traballou como investigador para FUNDEF e FINIDE, Fundación Internacional de Etnomusicoloxía, durante dez anos. En 2006 gañou en Venezuela o Premio Nacional de Cultura polo seu libro Os chimbángueles de San Benito. En 2003 regresou a Galicia, onde iniciou os seus estudos sobre a paisaxe sonora que desenvolveu en Escoitar.org.
Realizou máis de 100 concertos en diversos países de Latinoamérica, Europa e Galicia
As súas conferencias e obradoiros xiran arredor da psicoacústica, a fonografía e a composición, a etnomusicoloxía e as paisaxes sonoras.