Biografía
A formación audiovisual de Adrián Canoura comezou na Fundación TIC de Lugo, seguiu cun curso de cámara e realización na Escola de Ficción de Voz Audiovisual e o Máster LAV, (Laboratorio de Práctica e Creación Audiovisual Contemporánea), aprendendo de cineastas como Javier Rebollo, Natalia Marín ou Andrés Duque. O seu traballo abrangue varias prácticas artísticas, como creador visual no dúo de electrónica Nistra, realizador de videoclips con Baiuca, ou cineasta experimental de pezas como “Salitre nas veas”, “Caerán lóstregos do ceo” e “O porco e o seu espírito”.
As súas creacións destacaron en numerosas mostras e festivais como Curtocircuito, Play-Doc, Cans, Vila do Conde, Festival du Nouveau Cinéma-Montreal, Festival Filmadrid (Premiada como mellor filme de vangarda) ou Escolma de cine galego en Sarria entre outros. Canoura é fillo e neto de mariñeiros."Fago películas punkis e baséome na antropoloxía popular galega, debullando no mundo dos mitos e das tradición. Gústame retratar mundos que desaparecen”.
