Ir ao contido principal
Area Erina

Area Erina

1980Vigo

Artista visual e realizadora que explora o documental e o experimental cunha ollada persoal chea de sensibilidade.

Edicións como cineasta
X2025
Roles nas películas
Dirección

Biografía

Area Erina é Licenciada en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid e cun Master de Ensino de Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como técnica de edición para varias produtoras, así como realizadora freelance de publicidade, videoclips e promoción de cine e teatro.

Paralelamente e na actualidade traballa como artista visual no campo experimental, documental e plástico. Colaborou con formacións realizando montaxe en directo (Live Cinema) e participou en festivais nacionais e internacionais con varias das súas pezas.

Actualmente está en promoción da súa primeira longametraxe documental "Aurora" producido por Gaitafilms.  Estreado  no  Festival  de  Málaga  2024,  e seleccionado e premiado en diferentes festivais como o OUFF, Play Doc, Cineuropa, MICE, PortoFemme, Riga Film Festival e finalista a mellor documental nos Mestre Mateo 2024.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película