Sinopse
"Rachar en dous" nace dun estado interno íntimo e reflexivo. Xurde nun momento de inflexión vital marcado pola dúbida e a incerteza, nunha especie de suave aceptación que finalmente convértese nun acto de rebeldía contra o proceso mesmo da creación manifestándose na propia materialidade do filme.
Nese tránsito, un corpo feminino entra en diálogo cos diversos lugares e paisaxes de San Sadurniño.
O xesto corporal aparece como un xeito de exploración sensible; un movemento que acolle a contemplación, a nostalxia, a búsqueda nunha clase de baile ou danza co entorno.
A danza ou o xesto performativo funcionan como unha mediación entre interioridade e territorio, entre intimidade e espacialidade.
Non é tanto unha representación como unha escoita: da paisaxe, do tempo interior, e das preguntas que atravesan o corpo.
Cociña da peza
Nun principio a miña idea era coller como protagonista a parroquia de Ferreira nunha especie de guiño ó motivo polo que este ano estaba adicado o Chanfainalab. Un dos acontecementos que ía a gravar nesta parroquia caeuse, o que me levou a replantexar un cambio no punto de partida. Curiosamente non fixo moita falta elaborar forzosamente unha alternativa: a partir dese momento comezou unha viaxe. Acompañada da miña cámara Super 8 e a miña amiga Rosana, deixeime abrazar polas paisaxes de San Sadurniño, a falar con elas, nunha especie de diálogo secreto e silencioso que deu como resultado esta peza que vedes, dende logo, saída dun estado de profunda sinceridade e transparencia. Espero que vos guste.
Equipo
Galería
