Ir ao contido principal
Isabel Blanco

Isabel Blanco

1971Berna,

Unha galega de ida e volta que atopou no cine e na televisión a súa maneira de regresar ás raíces.

Acompañante
X2025Copresentadora da Gala da X edición do Chanfaina Lab

Biografía

Isabel Blanco Picallo é unha coñecida actriz, presentadora e produtora de televisión de orixe galega. Viviu os seus primeiros quince anos en Suíza nunha familia de emigrantes galegos. Licenciada en Tradución e Interpretación de inglés e alemán. Debutou na Televisión de Galicia (TVG) en 1996, pero acadou unha enorme popularidade ao coprotagonizar xunto a Luis Tosar a exitosa serie Mareas Vivas (1998-2002). Ten participado en películas de éxito popular como Un franco, 14 pesetas (2006), a secuela 2 francos, 40 pesetas (2014), e Invasor (2012). Asemade creou e dirixiu o programa de entrevistas Pasaporte Galego. Gañadora de dous Premios Mestre Mateo como mellor actriz (2006 e 2013). Ademais foi vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual e delegada da sociedade de artistas AISGE en Galicia