Ir ao contido principal
Gala Rodríguez

Gala Rodríguez

2002 Ourense

Artista audiovisual formada en Comunicación que explora o cinema experimental e documental desde unha ollada íntima e reflexiva.

Edicións como cineasta
X2025
Roles nas películas
Dirección

Biografía

Gala Rodríguez é graduada na Facultade de Comunicación Audiovisual de Pontevedra. Artista audiovisual interesada no cinema de maneira técnica e teórica, nos eidos do cinema experimental, documental e ás veces narrativo.

Observar como acto de compaixón, escoitar como acto de comprensión e contar como acto de amor, en contra do esquecemento. O seu proceso de creación quere transmitir unha ollada subxectiva do mundo e do ser a partir do íntimo, a tenrura e o amor.

No portfolio inclúe as pezas nas que participou ademais do seu percorrido. Distintas obras nas que se observa a evolución temática e técnica durante o grao e que responden a cuestións tales como a identidade ou o sentido de pertenza á comunidade.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película