Sinopse
Un grupo de amigos e amigas sube ao curro do Forgoselo, Kevin queda atrapado na noite e debe enfrontarse a si mesmo. A búsqueda do equilibrio entre o salvaxe e o humano lévao a coñecer diferentes entidades espirituais, guías no seu despertar.
Cociña da peza
Vacas nocturnas no Forgoselo é unha curtametraxe que naceu a través da propia experiencia do Chanfaina Lab. Inicialmente nós entramos en San Sadurniño coa única idea de crear e imaxinar dende o sensorial, o táctil e o experiencial. Só tiñamos en mente a idea de recolectar o máximo material posible para poder seguir disfrutando da experimentación na montaxe.
A medida que descubríamos máis da contorna empezou a agromar a idea do tempo parado, o ritmo vital da terra na que estábamos e como conectabamos con ela a través da música, as paisaxes e sobre todo da xente. Queriamos representar a experiencia de atopar un oasis na terra. E de aí xurdiu un xogo entre día e noite, o humano e o salvaxe e sobre todo entre Ro e Gala, quenes nos descubrimos de novo como creadoras.
O proceso de gravación foi das mellores experiencias do Chanfaina, descubrir lugares novos e sobre todo reimaxinalos para poder entendelos e entendernos. Viaxes diurnas comezaron a trazar patróns nas nosas gravacións, a auga, o sol, a herba, os animais... Os elementos naturais empezaron a crear un marco conceptual que chocou transversalmente coa gravacións da viaxe nocturnas ao curro do Forgoselo onde elementos como os coches, a velocidade, os muíños de vento convulsionaban ante a idea de calma. Xenerando unha dualidade propia da búsqueda do ritmo interno no que nos atopabamos.
Durante os nosos días en San Sadurniño, fumos conscientes do parecido que nos resultaba con Twin Peaks, unha aldea onde todos se coñecen, unha fábrica madeireira, os paisaxes con ríos, cascadas... Inevitablemente David Lynch foi un dos nosos referentes tanto visualmente como na montaxe, incluso na música. Sendo un dos referentes máis claros en ambas as dúas creadoras.
Posteriormente, na montaxe, comezamos unha especie de correspondencia de vídeos-puzzle que desenvolvían diferentes ideas e ritmos que acabaron chegando a esta rocambolesca historia na que Kevin Lorenzo é o protagonista dunha viaxe espiritual na búsqueda da calma. Os animais colleron o protagonismo convertíndose de algunha maneira en entidades espirituais que mostraron as distintas facetas da exploración do camiño que debuxa ao andar.
Finalmente, ámbalas dúas conformamos a banda sonora como unha ferramenta máis da montaxe. Neste caso os referentes directos foron Kanding Ray e Angelo Badalamenti, cuxas obras marcaron o ritmo da peza.
Todo isto foi posible xa que Chanfaina Lab ofreceunos unha forma e unha motivación para crear dende a mesma idea de crear, sen dúbidas e sen condicións. Un espazo cheo de persoas totalmente implicadas e sensibles que respectaron todas as ideas e as apoiaron ata o final.
Equipo
Galería
