Ir ao contido principal
Alba Gallego

Alba Gallego

1990Allariz

Produtora, script e montadora galega con ampla experiencia en series de TV e filmes de éxito como Rapa ou Ons. Cunha mirada persoal sobre a memoria e os arquivos domésticos, transforma os recordos en premiadas obras de ensaio e documental.

Biografía

Alba Gallego (Allariz, 1990) é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e conta cun Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) pola Universidade da Coruña. Traballa principalmente como produtora e script, compaxinando ambas facetas con proxectos de montaxe, formando parte de Kraken Media, onde impulsa obras de ficción e documental como produtora executiva.

Ao longo da súa traxectoria traballou como script en películas e series como ""Rapa"", "Marbella", "Ons", ou "La Unidad", unha experiencia que lle permitiu acompañar de preto o proceso creativo de numerosos cineastas. En paralelo, produciu obras como "Adeus, Berta", "A Entrevista" ou "Delicias Amargas". Como montadora destacan filmes como "Flâneur en Compostela", de Alfonso Zarauza, "A lucenza dos Quesada" de Chema Gagino ou "Adeus, Berta", de Fernando Tato.

En 2020 dirixiu e escribiu "O vídeo esquecido", un vídeo ensaio sobre a memoria e o arquivo audiovisual doméstico en Galicia, co que obtivo o Premio María Luz Morales ao Mellor Vídeo ensaio sobre Audiovisual Galego. Desde entón continúa afondando nesa mesma liña de investigación con "Lembrarás como bailabas", un proxecto documental que expande as reflexións iniciadas en "O vídeo esquecido" arredor da memoria e do arquivo audiovisual doméstico