Ir ao contido principal
Belén Montero

Belén Montero

1970Zamora

A cineasta que transformou o lenzo dixital de Galicia en poesía visual e vangarda en movemento.

Biografía

Os artistas visuais Belén Montero e Juan Lesta e fundaron en 1999 Esferobite, unha sólida estrutura artística, na que teñen amosado dabondo a súa mestría ao longo dunha frutífera traxectoria ateigada de premios e recoñecementos, tanto en España como no estranxeiro.

Belen é unha cineasta e videoartista galega clave na vangarda audiovisual galega. Pioneira en live cinema, videoarte e videoclips para bandas como Fangoria ou Astrud. A súa obra tamén se exhibiu en importantes centros de arte contemporánea como o CGAC de Santiago e o Centro Pompidou de Metz. Imparte docencia en diferentes centros ou escolas de deseño e publicidade, como o CENP (Centro Español de Novas Profesións), o IED (Instituto Europeo de Deseño), BAU (Universitat de Vic) ou Elisava (Universitat Pompeu Fabra). Así como multitude de obradoiros, conferencias e cursos, incluíndo unha materia de posgrao en videoarte e aplicacións ás artes do espectáculo, para a Facultade de Comunicación Blanquerna-Ramón Llull.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Balada cover
Ano
2014
Rol
Dirección