
Beli Martínez
1980A Guarda
Beli Martínez arquiva, investiga e produce o cinema que está a escribir a Galicia contemporánea.
- Acompañante
- I2014Colaboración na produción
Biografía
Doutora en comunicación audiovisual na Universidade de Vigo. Leva varios anos participando en foros nacionais e internacionais sobre o cinema galego. Desde o 2012 forma parte do Proxecto Socheo, un arquivo audiovisual de A Guarda, xunto a Xurxo González que acadou o Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación. Así mesmo, no 2014 creou xunto, a Álex Bragaña, Xurxo González, Pagán e Bárbara Primo, o portal dixital do Novo Cinema Galego, un arquivo das novas prácticas cinematográficas en Galicia.
Mais a actividade fundamental de Beli Martínez é a súa faceta como produtora de cinema de autor. No 2009 fundou a produtora Filmika Galaika,, empresa que xa produciu obras clave do cinema galego contemporáneo como Vikingland ( Xurxo Chirro, 2011), Arraianos (Eloy Enciso, 2012) e Jet Lag (Eloy Domínguez Serén, 2014) e que está chamada a ser un referente imprescindible do cinema galego.