
Berros do Castro
2008Naraío
Berros do Castro, a música popular que fai latexar as festas e manter viva a memoria sonora de Galicia.
- Acompañante
- XI2026Concerto na Foliada do XI Chanfaina Lab en Dzine
Biografía
Non hai festa en San Sadurniño que non conte co bó facer do noso grupo de música popular mais sobranceiro. O repertorio de Berros do Castro confórmano pezas de música tradicional galega recuperadas de numerosos cancioneiros de Galicia e moi especialmente dos grandes clásicos de Ferrolterra, entre outros, Raparigos, Os Cruceiros, Dionisio de Doso ou Os Rosales. O grupo promoveu ademais a creación dunha Asociación cultural que orgaiza numerosas actividades de difusión e recuperación da musica tradicional galega.No ano 2014 editaron o seu segundo disco "Tanto encanto reunido".