Biografía
Licenciada en Comunicación Audiovisual e Filosofía, a viguesa Carla Andrade xa é unha cineasta consolidada, cunha dilatada traxectoria internacional como creadora visual e distinguida con múltiples becas e residencias artísticas en lugares tan dispares como Islandia, Francia, Suecia e Nepal. De feito, a súa obra fotográfica e mais unha ducia de vídeos teñen viaxado por medio mundo, sendo seleccionados en case un cento de exposicións fotográficas e instalacións en Estados Unidos, Brasil, Suecia, Alemania, Rumanía, Portugal, Francia, Reino Unido ou centros de Arte como 104 (París), MARCO de Vigo, CGAC de Santiago e o Museo Guggenheim de Bilbao. Se algo caracteriza a obra visual de Carla é súa actitude inqueda e exploratoria, cunha aposta creativa pola indagación e a mirada poética, na procura permanente de novos xeitos de ver, mirar e sentir. A súas imaxes son, en certo sentido, un modo de (re)coñecemento da realidade que mestura dende o máxico e inconmensurable, ata o incontable, o abstracto, o desordenado, o non programático, o erróneo, e por suposto... o humano.
