Biografía
Estudou Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela. Estudou interpretación na escola Réplika Teatro e tamén se formou con Fernando Piernas, Montxo Armendáriz e Fernando Franco. Estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Carmen Méndez desenvolveu cunha ampla e sólida traxectoria como actriz en cine e televisión. Traballou durante sete temporadas na serie “Pazo de Familia”, personaxe pola que foi finalista en dúas ocasións ós Premios Mestre Mateo como Mellor actriz de reparto e tamén participou noutras series como “Serramoura” (TVG), “Auga Seca” (HBO), “Élite” (Netflix) ou “Saudade de ti” (TVG). Asemade no cinema participou entre outras na longametraxe “Tres”, (Juanjo Giménez, 2021) e acaba de rematar a rodaxe como actriz protagonista de “Outono”, ópera prima de Giselle Llanio, producida por Indígena Films.
No 2024 estreouse na dirección coa curtametraxe documental “Pura”, seleccionada en numerosos festivais nacionais e internacionais, como o Big Sky Documentary Film Festival, Festival de Cortos de Bogotá ou o Play Doc, Aguilar Film Festival ou Curtocircuito, obtendo ademais o Premio Mestre Mateo á Mellor curtametraxe no ano 2025
