Ir ao contido principal
David Machado

David Machado

1979Vigo

David Machado fai do son a materia invisible que dá vida ás historias do audiovisual galego

Acompañante
VII2022Obradoiro de son: "Isto non se arranxa en posprodución"

Biografía

Comeza os seus estudos en Vigo e os remata na EICTV, Escola de cine de San Antonio de los Baños (Cuba).

Dende o seu regreso a Galicia no 2004 traballou varios anos como freelance, ata montar o seu propio estudio de son en Santiago, La Panificadora, co que ten participado en boa parte dos proxectos da historia recente do audiovisual galego, sempre na área de son.

Durante estes anos foi xefe de son en máis de sesenta proxectos nos que se agroman documentais como Nacional VI, Traperos, No somos nadie ou Brasil somos nós, series de tv como 3 camiños, El desorden que dejas ou La unidad e longametraxes de ficción tan diversos como Os fenómenos, O apóstolo, e El desconocido, La sombra de la ley, Dhogs, O que arde, Lúa vermella, Ons, Arima, 9 fugas e Live is life.

Gañador de oito premios Mestre Mateo e un Goya, David Machado está considerado como un dos profesionais máis sobranceiros da dirección do espazo sonoro na produción audiovisual galega.