Biografía
Diáspora nace nos corredores do IES Concepción Arenal de Ferrol como un proxecto creativo onde mesturar a única mirada do rural dun rapaz nado en Igrexafeita coa perspectiva dunha rapaza de orixes divididos entre continentes, cun pé na Galiza e outro en México, rendindo homeaxe a ista unión xa testemuñada na emigración intercontinental dos miles de galegos que habitan México.
Anxo Pena (San Sadurniño, 2008), é un inquedo estudante de bacharelato que sempre viviu na parroquia de Igrexafeita. As súas afeccións son escribir, debuxar e todo o que teña que ver coa creación, mais sempre vencellada á vida na contorna rural.
Elisa Lorenzo (Ferrol 2008), graduada con matrícula de honra no Bacharelato de Artes, afronta por primeira vez o complicado reto de filmar unha curta, que intentará dominar da millor forma posible. Sempre amosou un gran interese polas artes visuais e a imaxe, o que a leva a continuar a súa formación no grao de Historia da Arte.
