
Felipe Lage
A Coruña
Felipe Lage converteu a produción nunha ferramenta para facer medrar o cinema galego máis libre, autoral e internacional.
- Acompañante
- I2014Colaboración na produción
Biografía
Felipe Lage Coro, licenciado en Cencias da Computación pola USC, é produtor cinematográfico galego e director de Zeitun Films, produtora que fundou en 2009 xunto ao seu irmán, o cineasta Óliver Laxe. A súa traxectoria está estreitamente ligada ao desenvolvemento do Novo Cinema Galego e á promoción dun cinema de autor con vocación internacional. Desde Zeitun Films participou na produción de películas fundamentais do cinema galego contemporáneo, entre elas Todos vós sodes capitáns (Óliver Laxe, 2010), Arraianos (Eloy Enciso, 2012), O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013), Costa da morte (Lois Patiño, 2013). Actualmente prepara “Mimosas” (Óliver Laxe).
A súa primeira produción, Todos vós sodes capitáns, estreouse na Quincena dos Realizadores de Cannes en 2010 e recibiu o premio FIPRESCI da crítica internacional, feito que contribuíu decisivamente á proxección internacional de Zeitun Films. Lage entende a produción como un traballo próximo ao autor, participando tanto no desenvolvemento creativo como na procura de financiamento, coprodutores, distribución e vendas internacionais. En 2013 graduouse no programa EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs).