Ir ao contido principal
Gema Rodríguez

Gema Rodríguez

2004Vigo

A cabalo entre o pictórico e o cine experimental, esta novísima artista transfigura a memoria íntima nunha poética visual e colectiva. Cun estilo que desafía a narrativa tradicional, a súa ollada xa deixou pegada en espazos de referencia como Novos Cinemas, o (S8) e o Festival de Cans.

Biografía

Estudante de Belas Artes na Universidade de Vigo. Artista entre o audiovisual e o pictórico. Actualmente desenvolve o seu traballo no ámbito do cinema de autor e experimental, explorando unha linguaxe poética e emocional que procura transformar a memoria persoal e o contexto nunha experiencia colectiva, transcendendo a imaxe e a narrativa tradicional.

É autora das curtametraxes “Inercia”, realizada no marco da súa participación en Novos Cinemas, e “Ausencia”, exhibida na XVI edición do S8 Mostra Internacional de Cinema Periférico. O seu traballo foi tamén recoñecido no XXIII Festival de Cans na sección Novas Camadas.