Ir ao contido principal
Iago Castro

Iago Castro

2007Narón

Inspirado no estilo dinámico de Edgar Wright, este novísimo creador galego mestura xéneros e ritmos pouco convencionais para contar historias con identidades visuais únicas.

Biografía

Naceu en Narón, mais pasou gran parte da súa vida en San Sadurniño. Sempre  estivo interesado na creación e dirección de cortos ou pezas audiovisuais, ademais dos videoxogos, libros etc... Gústanlle as obras que intentan mesturar distintos xéneros ou que teñen un estilo de dirección e ritmo menos convencionais, sendo Edgar Wright o seu director favorito. Sempre intentou levar a cabo as historias máis entretidas ou "orixinais" que se lle ocorran, non pola propia historia en si, senón pola forma de contala. Sobre todo sempre tentar atopar identidades visuais únicas para os seus proxectos..