Ir ao contido principal
Isa Moreno

Isa Moreno

2006Ourense

Xove creadora de brillante expediente, combina a súa formación en Belas Artes coa exploración do audiovisual experimental, onde xa destaca con participacións en festivais como o (S8) ou Curtocircuíto.

Biografía

Graduada en Ourense no Bacharelato de Artes Escénicas con Matrícula de honra. No 2024, recibe a Beca de grao Fundación LaCaixa. Actualmente estuda o Grao en Belas Artes na Universidade de Vigo, centrándose nas novas formas de creación artística e a súa intersección coa tecnoloxía. Nesta exploración xorde un interese polo audiovisual experimental que se manifesta nas pezas “Persistencia do baleiro” (en colaboración con Pepe García, 2026) e “Oda á extinción” (2026). Con elas participa no (S8) Mostra de Cinema Periférico e no Festival Internacional de Cinema CURTOCIRCUÍTO.

Ademais procura manter o contacto con outras disciplinas como o teatro, a filosofía ou a música, que lle serven como inspiración. A súa vontade é continuar na liña do arte experimental dende un enfoque multidisciplinar, coa relación co novo mundo que habitamos como eixo central. Ademais da creación artística, gustaríalle explorar outros ámbitos no futuro, coma o comisariado ou a investigación.