Ir ao contido principal
Jorge Coira

Jorge Coira

1971Rábade

Creador versátil e experimentado que transita con solvencia entre o cinema, a televisión e o documental, cunha traxectoria marcada pola diversidade e o prestixio do seu traballo.

Biografía

 Jorge Coira comezou a súa carreira profesional a finais dos 90 e hoxe está considerado como un dos cineastas galegos máis experimentados e polivalentes, pois ten feito cine, televisión, videocreación ou teatro e sempre con gran éxito. A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Víctor Duplá e Mariano Barroso. No eido do cine, tralos comezos en curtametraxes como "Mofa e Befa en Gran Liquidación" ou a multipremiada "O Matachín", estreou en 2004 a súa primeira longametraxe: "O ano da carracha". A súa seguinte película, "18 comidas" -estreada a finais de 2010 en varios países do mundo-, leva recibidos numerosos premios e seleccionada en máis de 30 festivais internacionais. En televisión, ademais do seu labor en publicidade e videoclips realiza series, como "Terra de Miranda", "As leis de Celavella", "Padre Casares" e, recentemente, "Luci"; así como a tv-movie "Entre bateas". Tamén, dirixe con frecuencia series de ámbito estatal como "El Comisario", RIS" ou "Pelotas". No eido do documental de creación realizou "¿Qué culpa tiene el tomate?" (estreado no MoMA en Nova York), ou "Días de reparto", ademais de docuseries para TVG como "Chunda Chunda". No 2016, gañou o Goya á mellor montaxe polo seu traballo en "El desconocido" de Dani de la Torre.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Superficial
Ano
2016
Rol
Dirección