Biografía
Natural de Vilafranca do Bierzo, mais afincado en Valdoviño dende 1984, biólogo e profesor de ensino secundario (xubilado). O seu interese polo cinema de natureza comezou nos tempos do formato Super-8 e continuou posteriormente co vídeo analóxico e dixital, sempre enfocado nas mensaxes ambientais “que el produciu cos seus propios medios e recursos”
No audiovisual obtivo premios nacionais de fotografía, cine e vídeo, relacionados coa natureza; algúns deles, outorgados polo Ministerio de Educación e Ciencia e de Investigación Científica e Técnica ""Enxeñeiro Comerma"" de Ferrol.
A gravación dos documentais realízanse capturando as escenas tal como ocorren na natureza, sen artificios. Non se utilizan animais adestrados. A idea é capturar as imaxes con moita paciencia intentando non alterar os comportamentos das especies. O proceso require obter moitas imaxes para ordenalas na fase edición. Todo o proceso de elaboración do documental, coa excepción da música, é de elaboración propia. Estes traballos audiovisuais sempre tratan de deixar nos espectadores unha mensaxe de respecto e defensa da natureza.
No 2025 foi o ganador do II Premio Bernardino de Lamas que outorga o Concello de San Sadurniño como recoñecemento a aquelas persoas destacadas polo seu activismo no cinema amador.
