Biografía
Os artistas visuais Juan Lesta e Belén Montero fundaron en 1999 Esferobite, unha sólida estrutura artística, na que teñen amosado dabondo a súa mestría ao longo dunha frutífera traxectoria ateigada de premios e recoñecementos, tanto en España como no estranxeiro.Juan Lesta transita as marxes entre o cinema, a videocreación e a experimentación visual cunha ollada que converte a imaxe en linguaxe poética. Montador, realizador e creador multimedia, a súa traxectoria enlaza videoinstalacións, pezas interactivas e colaboracións con destacados nomes da cultura galega, explorando sempre a unión entre música, palabra e emoción visual. A súa obra, ligada tanto ao ámbito cinematográfico como á creación contemporánea en directo, sitúao como unha das voces máis singulares da creación audiovisual galega actual.
