Ir ao contido principal
Lucía Iglesias

Lucía Iglesias

1983Santiago de Compostela

Lucía Iglesias fai da montaxe un fío invisible que une imaxes, ritmos e emocións

Acompañante
XI2026Obradoiro “Hoxe móntase! Contando historias plano a plano”

Biografía

Lucía Iglesias é montadora e realizadora, licenciada en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual. Formou parte dos equipos de edición de proxectos como Eroski-ParaísoHierro ou Rapa. O seu traballo na montaxe foi recoñecido con tres premios Mestre Mateo, o último deles pola película Antes de nós, despois de recibir anteriormente dous galardóns nesta mesma categoría.

Iglesias compaxina a montaxe coa realización de informativos e programas na Televisión de Galicia e coa súa actividade como formadora, entre outros espazos, no Festival Audiovisual Escolar Olloboi.