
Olga Osorio
1972Lugo
Cineasta e académica de referencia, destaca por aliar unha sólida traxectoria docente cunha brillante carreira na dirección audiovisual. O seu talento creativo abarca desde curtametraxes recoñecidas internacionalmente ata a dirección de longametraxes e grandes producións televisivas.
Biografía
Directora e guionista audiovisual. Durante máis de vinte anos, foi tamén profesora de cinema na Escola de Imaxe e Son e na Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña. É catedrática de Secundaria en Procesos e Medios de Comunicación, doutora en Humanidades e licenciada en Xornalismo.
Foi alternando a docencia coa dirección de varias curtametraxes —entre elas”ReStart” (2015), “Einstein-Rosen” (2016) ou “Mouras” (2018)— que tiveron un amplo recoñecemento en varios festivais internacionais como Sitges, Fantasia, Seattle International Film Festival, New York Children's International Film Festival, Rhode Island, Palm Springs, Leeds, RiverRun e un longo etcétera.
No 2023 estreou "¡Salta!", a súa primeira longametraxe, que acadou un gran éxito de crítica e público. E no 2025 rematou “El secreto del orfebre” unha adaptación da novela de Elia Barceló do mesmo título.
No 2026 estrearase a súa serie de televisión “Sira”, continuación do éxito internacional “El tiempo entre costuras”, baseada na novela homónima de María Dueñas e producida para Netflix e Atresmedia. Recentemente acaba de publicar a súa primeira novela, “Extraña”, na editorial Planeta e escribe unha nova longametraxe: “La niña que quería ser Fred Astaire”, seleccionada no Conecta Lab de Crea e no Laboratorio de Creación SGAE Galicia.