Ir ao contido principal
Paco Lodeiro

Paco Lodeiro

1965Caracas

Un todoterreo da cultura galega que converteu o humor, a música e a televisión nunha maneira de contar Galicia.

Acompañante
VII2022Presentador da Gala do VII Chanfaina Lab

Biografía

Fillo de emigrantes galegos, criouse desde moi pequeno na Coruña. Licenciado en Publicidade e enxeñeiro técnico en Informática de Xestión, exerceu como profesor de informática, entre outros centros, na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Con todo, a súa vocación artística levouno axiña cara á comunicación e ao audiovisual. Desde os anos noventa converteuse nun dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia, onde presentou numerosos programas e concursos. Entre os máis destacados están Cifras e Letras, Verbas Van, Coma un Allo, A Liga dos Cantantes Extraordinarios e Atrápame se podes. Ao longo da súa carreira acumula miles de programas de televisión, especialmente concursos.

A súa faceta como humorista e imitador desenvolveuse principalmente na radio, en espazos como Corre Carmela que Chove e Risoterapia, xunto a Carlos Jiménez. Tamén participou como actor en series como Mareas Vivas, Terra de Miranda e Libro de Familia, ademais de en diferentes longametraxes.

A música é outra das súas grandes paixóns. Publicou traballos como Marea Interior, Magia Negra e Cantando a Galicia, este último xunto a Rosa Cedrón e Sito Sedes, e participou en diversos proxectos musicais e documentais relacionados coa música galega.

Como creador, guionista e produtor, desenvolveu numerosos formatos televisivos e escribiu centos de guións para programas e espazos de humor. A súa traxectoria foi recoñecida con premios como o Premio Iris ao mellor programa de entretemento autonómico por Cifras e Letras e o Premio da Academia Galega do Audiovisual ao mellor comunicador.