Biografía
Pepe García crece preto do debuxo e da fotografía, interesado sempre por novas formas de facer e de pensar. Actualmente estuda Belas Artes en Pontevedra e atópase nun momento de experimentación formal, no que traballa con novos medios, instalación ou performance. Inspirado pola capacidade de síntese filosófica da imaxe en movemento, atopa nela un espazo de reflexión e creación no que continuar a súa deriva. Recentemente, codirixe xunto a Isa Moreno “Persistencia do Baleiro”, curta na que intervén a poética do cine analóxico con métodos dixitais.
Afeccionado á lectura e á filosofía, pretende elaborar unha linguaxe artística propia coherente, que xorda da experiencia directa coa vida, e trate a realidade aínda non clara que a súa xeración está a enfrontar.
