Ir ao contido principal
Proxecto aMARte

Proxecto aMARte

2023Ferrol

Proxecto aMARte é unha viaxe para descubrir e retratar a beleza auténtica do mar, a natureza e a vida.

Biografía

 “Proxecto aMARte” nace da unión de catro conceptos que definen a súa traxectoria: proxecto, amar, mar e Marte. O mar como orixe, o amor como motor e Marte como esa viaxe cara o descoñecido, chea de aventura e descubrimento. Todo condensado no seu símbolo, unha cuncha coa forma de corazón.

Patri e Antón, dúas olladas enxergadas pola fotografía, a arte e a natureza. En 2023, botáronse á costa galega con sentimento crebeiro: limpando praias, rescatando pequenos tesouros do mar e documentando a través da cámara a realidades da contorna. O que comezou como unha canle de divulgación ambiental e expresión artística hoxe é unha narrativa moito máis ampla. Desde unha ollada puramente documental e de reportaxe, capturan a esencia das cousas auténticas: a alma das mascotas, a identidade de cada produto e a verdade que se agocha detrás de cada evento..

Antón Soto, (Coruña, 1977) é responsable de Proxectos TIC en Indra, licenciado en Socioloxía e fotógrafo documental, de mascotas, de produto ou eventos. Asemade é divulgador de ciencias naturais e colaborador en diferentes proxectos de Ciencia Cidadá relacionada coa natureza.

Patricia Casteleiro, (Ferrol, 1984) é educadora social e apaixonada da fotografía da natureza.