Ir ao contido principal
Raquel Álvarez

Raquel Álvarez

1998Vigo

Raquel Álvarez é unha creadora audiovisual e artista galega formada en realización e Belas Artes, cunha práctica centrada na dirección de arte, a videocreación e as instalacións, onde explora a imaxe desde unha mirada experimental.

Biografía

Raquel Álvarez acadou o título de técnica en realización audiovisual pola EISV e graduada en Belas Artes pola Uvigo. Leva realizado varios traballos relacionados coa dirección de arte, vídeocreación e instalacións. Tamén, formou parte da asociación cultural Fuck This Studio e de Percal Lab , un evento baseado en xornadas de obradoiros ao redor da captación analóxica e á reprodución da imaxe real. En agosto de 2022 é bolseira na convocatoria Future Stories co seu proxecto “Encontros e agochos” onde aborda o concepto de refuxio a través do tecido.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película