Biografía
A pontesa Sabela Pernas titulouse en realización de audiovisuais e espectáculos na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, mais tamén acadou a licenciatura de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e o máster de "Film Making" na Kingston University en Londres. Dende sempre, alternou traballos no eido da industria, como editora na Televisión de Galicia ou en varias produtoras audiovisuais, coa dirección de curtametraxes documentais e experimentais coas que acadou diversos premios como os de "Xuventude Crea" de novos creadores da Xunta de Galicia en dúas ocasións (2007-2008) e seleccionadas en festivais nacionais e internacionais; algunhas das pezas poden verse na súa canle. Desenvolve unha traxectoria que une a práctica profesional no audiovisual coa creación experimental e a docencia, nunha constante exploración das linguaxes da imaxe.. Actualmente compaxina o seu labor docente como profesora en ciclos formativos de Imaxe e Son coa participación en diferentes proxectos singulares como "VideodinamizArte" en colaboración coa sicóloga Ana Seijo, unha iniciativa que conxuga a creación audiovisual e a Sicoloxía.
