Biografía
Toño Chouza é graduado Superior en Dirección Cinematográfica (ESCAC), licenciado en Filoloxía (USC) e actualmente estudando a licenciatura de Filosofía (UNED). Aínda que a súa carreira enmárcase como director de cine, Toño Chouza tamén é guionista, editor, fotógrafo, publicista e filólogo. A súa traxectoria como cineasta componse de varias curtametraxes, videoclips, fashion movies, videoarte que acadaron premios en festivais nacionais e internacionais. Comezou dirixindo dúas longametraxes documentais para o Consello da Cultura Galega, ainda que a súa carreira derivou á cinematografía publicitaria, como director en Pueblo (España) e Bomba (México). Colaborou con axencias publicitarias de prestixio internacional e para marcas como Coca-Cola, Adidas, Burger King, eBay, Nestlé, Desigual, Abanca, Turismo de Canarias, Almond Breeze, FOX TV o Granada C.F. l. Mais o seu obxectivo é dirixir os seus proxectos persoais en ficción e documental. Recibiu a axuda de Talento AGADIC para a escrita do guión "Unidade Mínima", adaptación libre de "Ensam" (August Strindberg, 1903).