
Xaime Fandiño
1952Vigo
O incombustible Xaime Fandiño é unha figura clave do audiovisual galego que combinou un papel pioneiro na TVG coa xestión e docencia universitaria. Tras a súa xubilación, reconvértese nun referente no activismo contra o edadismo, impulsando iniciativas sociais e académicas de grande impacto. A súa traxectoria complétase cunha sólida e activa faceta como articulista e escritor de narrativa de ficción.
Biografía
Xaime Fandiño é licenciado en xornalismo pola USC, doutor en comunicación pola UCM e máster en Filosofía pola USC. Formou parte da equipa encargada de poñer en marcha a TVG, onde foi xefe de realización e creador de diferentes programas e formatos. Premio Mestre Mateo por "Vivir en Manhattan", AGAPI por "Chambo" e TP por "A toda máquina", foi decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Xefe da Cátedra de Televisión e Novos Medios da EICTV en Cuba e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, onde se xubilou no 2016.
Pola implicación e actividade relacionada no eido da loita contra os estigmas asociados ao avellentamento, foi recoñecido pola Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría como "Personalidade Xerontolóxica 2021". É membro da comisión e un dos impulsores da Cátedra de Edadismo da Universidade de Vigo, así como colaborador no xornal Faro de Vigo desde as columnas: "Más allá del gueto cronolóxico" e "La acera volada" -crónicas de infancia e xuventude dun vigués deslocalizado-Os artigos foron condensados nunha monografía publicada no ano 2022.
Foi o creador do programa interxeneracional "Incombustibles" emitido pola TVG e ten escritas as novelas de ficción: “El último concierto” -cuando la vejez se torna herejía- (2024) e "Contubernio Picacho" -una alegoría al binomio azar/destino- (2025), publicadas pola Editorial Elvira. A súa figura destaca por non terse limitado ao éxito profesional no audiovisual, senón por evolucionar cara a un liderado intelectual e social, moi necesario para dignificar o envellecemento na sociedade actual.