Ir ao contido principal

Amar #01

Pablo Portero

I Chanfaina Lab2014

Peza aberta á sensación e á memoria, onde a natureza e o eu dialogan nunha experiencia íntima feita de luz, corpo e tempo.

Duración
Localización
Naraío

Sinopse

A apertura a unha historia acerca de a mar e amar, e un percorrido interior polo fondo dun creador

Cociña da peza

Sempre interesado na experimentación formal e nas interacións entre o home e a natureza, Pablo realizou para a Chanfaina'lab "Amar #01", un poema visual que representa a primeira peza -a modo de apertura- dun total de 17 curtas que se integrarán nunha longametraxe única. Será un filme moi persoal, no que Pablo interrógase a sí mesmo, ás paisaxes da natureza coas que interactúa, ás lembranzas, ás sensacións como pegadas do tempo nos espazos amados e tamén do aprendido nos libros e as palabras. "É unha peza independente, que pertence a algo máis grande, a unha estrutura que é a de Amar, onde non só exerzo de director e guionista, senón tamén, en certo modo de protagonista".
"Amar #01" é unha invitación a sentir, como reza o texto da canción de Kozmic blues: "Agora xa podo sentir", sentir a natureza en plenitude, as texturas das rochas e o frescor do río, andar descalzo pola herba, o sabor das amoras, o recendo dos libros, a area da praia ou a brisa do mar. Como di Pablo: "Fago as cousas con amor, como dende o principio".

Equipo

Dirección

Música

Kozmic blues

Tamén participaron

Edición e montaxe: Fer Patiño Posprodución de audio: Juampa Ameneiros

Galería

Amar 1