Ir ao contido principal
Angeles Huerta

Angeles Huerta

1974Xixón

Constrúe un cinema fondamente sensíbel, centrado na memoria, a perda e as fisuras da identidade, cunha mirada poética e reveladora.

Edicións como cineasta
III2016
Roles nas películas
DirecciónInterpretación

Biografía

Aínda que nacida en Xixón, Ángeles Huerta leva 15 anos residindo en Galicia. Doutora en Literatura comparada, estudou cinema na Met Film School de Londres. Alí rodou a curtametraxe "The Fetch", que percorreu con éxito varios festivais nacionais e internacionais, entre eles o de Cannes. No 2015 comezou a produción da longametraxe "Esquece Monelos" un documental de creación sobre a memoria, a perda e os segredos que inutilmente intentamos manter con nós mesmos. A peza gañou tres premios Mestres Mateo (2017) e ven de gañar a mención especial do xurado no prestixioso "DocumentaMadrid". Actualmente está a traballar na segunda longametraxe, "O corpo aberto", un western gótico sobre a fraxilidade das nosas identidades. Tamén é co-guionista de "A nadadora", a nova película de Sandra Sánchez.