Ir ao contido principal
Ariadna Silva

Ariadna Silva

1996A Estrada

Ariadna Silva Fernández desenvolve unha práctica artística entre a fotografía e o cinema documental centrada na memoria, a identidade e o territorio, con obra premiada e recoñecida en festivais e certames nacionais e internacionais.

Biografía

Ariadna Silva Fernández  traballa coa fotografía e o cinema documental como soportes de creación artística. Graduada en Comunicación Audiovisual, Master en Fotografía Artística e Documental e Máster en Servizos Culturais. Na súa obra constrúe unha mirada sensible e crítica arredor de temas de interese social. Investiga os conceptos de desmemoria, identidade e territorio desde o seu contexto máis próximo mediante proxectos que abordan os ecocidios, as paisaxes naturais e humanas ou a autobiografía. En 2022 recibe o Premio CREA a mellor dirección de curtametraxe documental por "O intruso". En 2020 estrea "Cartografía do esquecemento" , a súa primeira peza audiovisual como directora, unha curta que forma parte dun proxecto artístico multidisciplinar e que foi seleccionada nalgúns festivais galegos de referencia. Como fotógrafa recibiu premios como o Xuventude Crea, foi finalista no Emergentes International Photography Award do Encontros da Imagem (Portugal), publicou en numerosas revistas nacionais e internacionais, o fotolibro "Fillos do vento" (Banco Editorial) e expuxo en festivais como PHotoEspaña.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Espantos e desencantos
Ano
2022
Rol
Dirección