Ir ao contido principal
Carmen Blanco

Carmen Blanco

1963Ferrol

Entre leis, escenarios e historias, Carmen Blanco converte a súa vida nunha viaxe creativa que vai do Dereito á interpretación e das táboas á literatura.

Roles nas películas
Interpretación

Biografía

Carmen Blanco Sanjurjo, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a avogacía en Santiago, Madrid e Sevilla. Volveu a Galicia e traballou na empresa privada. Xestiona a Taberna de Caaveiro, negocio familiar no mosteiro do mesmo nome.

Tamén se formou como actriz e dramaturga na Escola de Teatro de Narón. Ten escrito guións, interpretado e dirixido proxectos teatrais e participado en series. Colaborou con La Voz de Galicia e Teatro del Andamio.

En 2024 publicou a novela histórica Gorrións e falcóns. O vento na pedra, ambientada nos tempos dos Irmandiños. É a primeira dunha triloxía.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película