Biografía
Claudia Pineda graduouse en BBAA pola Universidade de Granada e a UVigo, mentres realizaba ao tempo varias actividades formativas con Arteterapia (Múnich Volkshochschule, UGR). No 2014 perseguiu o seu soño de ser medio pirata durante varios anos gravando, pintando e navegando en barcos de vela polo Océano Índico. Directora de "El viaje, 1988" (2021), estreado no (S8) Mostra de Cinema Periférico e seleccionado polo ICAA como parte de "New Spanish Shorts" para o Festival de Cannes 2021. A peza foi proxectada en L’Alternativa Fest BCN, o Play Doc de Tui e o Festival de Cans. "Corpo d’Água" (2022) foi estreada en Novos Cinemas e no (S8); a videoinstalación "Lolita Pineda (2022), acadou o Premio Egeria pola inclusión de perspectiva de xénero. Os seus intereses xiran entorno ao movemento e a poética das viaxes, a intimidade acuática, as identidades femininas e os dispositivos da memoria que producimos en clave experimental e multidisciplinar. Actualmente cursa o postgrado en educación artística mentres traballa no departamento de Cultura no Consell de Formentera, programando proxectos/obradoiros artísticos para fomentar a participación sociocultural na illa.
