Sinopse
A deusa indíxena galaica-lusitana Navia, como fío condutor que nos leva a reflexionar sobre as nosas emocións e a relación que temos co amor e a súa morte. Navia é a forza que debemos escoitar para entender os nosos ciclos; non é unha deusa externa, senón parte da nosa natureza interior
Cociña da peza
Claudia tivo claro dende o principio que ía a traballar sobre a figura da deusa Navia no paseo fluvial do Xuvia. Chegou a San Sadurniño coa mente aberta e disposta a guiarse polo azar, mais tendo a auga e a Navia como condutoras. "Comecei investigando sobre a mitoloxía celta e o folclore local e dinme conta que apenas coñecía as deidades do territorio no que vivín cinco anos (Galicia). Navia como “a Barqueira”, mensaxeira da Morte e psicopompa, Navia como deusa da fertilidade, humana, animal e vexetal. A súa vez, os símbolos que apuntan cara esas características inclúen a esfera acuática, -dada a crenza de que toda vida emana da auga- e así souben por onde tirar na Chanfaina. En pouco tempo foron creándose situacións que me levaron a conectarme cos mananciais e co amor. Nunha desas casualidades/manifestacións, coñecín a unha parella nova que chegou á fervenza de Naraío, realizando unha “ruta de fervenzas”, amosáronse dispostos a colaborar na peza; mergulleime e seguinlles o ritmo coa miña pequena cámara, mentres eles bailaban coa auga e desenvolveron unha escena espontánea, moi natural, pois estaban tan absortos un no outro que semellaba non importarlles que unha intrusa lles enfocara".a
A pesares da súa aparencia sinxela "O amor é água que corre" é un fermosísimo e complexo poema visual ateigado de ideas elaboradas e imaxes suxestivas, máis aló do que pode parecer a simple vista: "Quixen crear un espazo cálido e íntimo, segundo as sensacións que me transmitía a maxia da localización da fervenza de Naraío. Para elo, tinguín a imaxe de xeito orgánico e recollín unha grande cantidade de follas de carballo, pradairo, castaño, loureiro, etc para tecer cada fotograma cunha planta distinta, coloreando con esas pequenas follas colocadas tras do obxectivo da cámara. A miña principal fonte de inspiración agromou tras visualizar “The Amazonian Angel" de Maria Klonaris e Katerina Thomadaki polos seus textos autobiográficos, o seu mundo pictórico e poesía visual. Para o guión inspireime na idea do libro “Mujeres que corren con los lobos” de Clarissa Pinkola, onde a través de mitos interculturais proponnos unha viaxe psíquica cargada de remedios para recuperar o arquetipo da muller salvaxe, procurando que nos reencontremos co instintivo e intuitivo da nosa natureza". Unha viaxe que invoca os nosos sentidos para deixármonos levar ate fusionármonos coa maxia que debulla en cada imaxe esta cineasta tan imaxinativa e prometedora.A peza foi seleccionada para a sección Furacáns no Festival de Cans (maio de 2023). Seleccionada en "Sinais", do Festival S8.
Equipo
Dirección
Música
Edmundo de Bettencourt, "Mar alto"
Galería
