Ir ao contido principal
Domingo Díaz

Domingo Díaz

1967Petín de Valdeorras

Domingo Díaz é un produtor e director galego que deixou a publicidade para construír unha ampla traxectoria no documental social realizando obras centradas na memoria, a historia e a realidade galega

Biografía

Domingo Díaz traballaba nunha axencia de publicidade cando comezou a participar en producións de curtametraxes e documentais con amigos e compañeiros. Pouco a pouco esta actividade extra laboral foi medrando ata deixar o mundo publicitario para dedicarse plenamente ao audiovisual. Nun primeiro momento exerceu de produtor de documentais de xeito independente, desa etapa xurdiron obras coma “Apartado 12”“Sempre Xonxa en Petín” ou “Espírito Abertal” entre outras. En 2011 crea a produtora Socialdocs adicada á produción de contidos sociais e proxectos culturais. Nesta etapa produce documentais coma “Muller(es)Muller”“Ferrol 1936”“Noetiña”, “Republicanas en Galicia". Nos últimos anos comeza tamén a dirixir e realiza a longametraxe “O desafío do Sil” e as longametraxes pendentes de estrea “Tomás Fábregas. Fighting Barriers” e “Florencio na terra”.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

O arado
Ano
2022
Rol
Dirección