Biografía
Nado en Simes, Pontevedra, mais residente en Estocolmo, Eloy Domínguez Serén está considerado como un dos mais orixinais e prometedores cineastas galegos contemporáneos. Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universitat Autònoma de Barcelona, onde cursou tamén o "Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo". No ano 2010 comeza a súa actividade no ámbito do cinema como crítico na Radio Galega e codirixindo A Cuarta Parede, primeira revista dixital escrita en galego adicada á crítica cinematográfica. En 2011 escribe e dirixe a súa primeira curtametraxe documental, Fills de Samsó, co-producida por Televisió de Catalunya. En 2012 trasládase a Estocolmo, onde comeza un extenso proxecto de diario filmado e unha correspondencia fílmica con Marcos Nine. De ambos dous proxectos, xurdiu a multipremiada curtametraxe: Pettring (2013). No 2014 é seleccionado polo Festival Punto de Vista para participar na cuarta edición do Proxecto X Films. Nese ano rematou en Estocolmo a curtametraxe No novo céio e Jet Lag en Guillarei (Pontevedra). No 2015 realizou a primeira longametraxe, un diario filmado onde narra a súa experiencia como emigrante en Suecia en No cow on the ice e gravou no deserto do Sáhara Yellow brick road. En 2016 estreou a curtametraxe Rust no FIDMarseille e seleccionado en numerosos festivais internacionais.
