Biografía
Estudou na Escola de artes e oficios Pablo Picasso (A Coruña), na EGACI e máis tarde na Escola de Cine de Alcorcón. A súa primeira curta foi “Luns” (2006) seleccionada no festival “Curtas na Rede”. Tamén realizou “Amnésico por compasión” (2007) e “Del mismo Oslo” (2008), “El Poema, El Cuadro, El Disco” (2009) foi a súa primeira longametraxe. A finais do 2010 grava a curta “…lipsis” o documental “Los Eskizos 1988-1992”. O seu cinema está instalado nun humor raiano no absurdo que "non se toma en serio nin a si mesmo", como en "Suicidio Lamprea" ou "1984 Untitled Robot Short film"
