Sinopse
Un cineasta lacazán invitado á Chanfaina'Lab e unha cámara con vida propia e interesada no estilo do "novo cinema galego".
Cociña da peza
É unha ollada desenfadada, irónica e desmitificadora sobre a Chanfaina, o "novo cinema galego" e por suposto, San Sadurniño. "Guillermo Arias-Carbajal é o autor dunha curta que tenta reflectir dalgún xeito "a memoria de San Sadurniño". Ou iso é o que asegura na presentación da peza protagonizada por el mesmo. Pero unha cousa é o que di o director e outra o resultado final, que nin sequera se aproxima ao concepto inicial e tira por outro camiño cargado de retranca que delega todo o mérito nunha cámara con vida propia. Un camiño, iso si, que non é froito da improvisación, senón dunha idea preconcibida e ben traballada... aínda que o autor nos queira convencer do contrario... O director e guionista escusa a súa vagancia -falsa, como demostra a propia peza- por non ter feito nada para o proxecto no que participaron outros 20 creadores e creadoras do audiovisual galego. O autor bótalle humor ao asunto e conta a súa experiencia durante os días de rodaxe e o que supuxo para el entrar en contacto coa xente do "Novo cinema galego". E ata aquí podemos contar porque, doutro xeito, estariamos destripando a curta"
Equipo
Dirección
Galería
