Ir ao contido principal
Marta Piñeiro

Marta Piñeiro

1972Allariz

Constrúe unha traxectoria que vai da televisión galega máis popular a unha creación autoral comprometida coa igualdade e coa transformación social.

Biografía

A cineasta alaricana Marta Piñeiro é unha experimentada realizadora de moitas series clásicas da TVG dende “ Rías Baixas”, “Libro de Familia”, ”Padre Casares”,”O Nordés” ou “Matalobos”, acadando o premio Mestre Mateo á Mellor Realización en 2009 e 2011 polas dúas últimas.Tamén realizou outros programas da Televisión de Galicia como “A vida aberta” ou “Xcanto”. Mais Marta tamén está a desenvolver unha traxectoria como creadora independente en pezas mais persoais como "Aprendendo a cambiar o conto" ou "Tempo líquido" entre outras, onde ten amosado o seu compromiso coa igualdade de xénero e a procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Tamén impartiu formación en diversas entidades ou institucións como a SGAE e centros de ensino medio e universitario.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Deuteronomio 7:20
Ano
2016
Rol
Dirección