Biografía
Monte Z nace como colectivo coa preprodución da peza “O Refuxio”, dirixida por Fran da Lobeira e guionizada por Francisco X. Cela. Monte porque ambos son dunha parroquia chamada Monte, e Z polo baixo orzamento co que se desenrolan os filmes de cinema Z.
Francisco X. Cela (Triacastela, 1989) marchou da parroquia de Santa María do Monte para comezar a estudar Educación Social e Pedagoxía no 2012, especializándose nos centros de menores. É un tolo do cinema e divúlgao a traves das súas redes sociais e do podcast A Caixa Negra da Nostromo no que participa. Na actualidade sufre un ataque de guionismo extremo que non lle deixa parar de escribir historias, a cada cal máis tola.
Fran Da Lobeira (Neda, 1978) vive en Santa Mariña do Monte, en San Sadurniño, dende o ano 2006 e é un tipo ecléctico, guitarrista e debuxante amador, gravador e montador de vídeo vocacional, youtubeiro paixonal, creador e produtor audiovisual nas súas canles en redes sociais, “community mángaller” amateur, presidente da asociación Obradoiro Dixital Galego (asociación de creadoras de contido dixital en galego e en liña), cineasta afeccionado e militar de profesión. Na actualidade tenta sobrevivir á creatividade insaciable de Paco Cela
