Ir ao contido principal
O bosque animado

O bosque animado

Coruña

Máis ca unha película de animación, O bosque animado foi unha xanela pola que o imaxinario galego entrou no cine de animación internacional.

Acompañante
VII2022Exposición que conmemora os 20 anos dun fito trascendental da industria audiovisual galega.

Biografía

O bosque animado de Manolo Gómez e Ángel de la Cruz e (2001) tivo unha especial relevancia para o cine de animación galego e español, ao converter unha obra clásica da literatura, a novela de Wenceslao Fernández Flórez, na primeira longametraxe de animación en 3D producida en Europa e situou a industria audiovisual galega á vangarda da animación europea. Asemade a longametraxe acadou numerosos premios entre eles dous Goyas (mellor película de animación e mellor canción orixinal) e preseleccionada para os premios Óscar.

Esta mostra, que inclúe materiais orixinais, así como os premios Goya que acadau, conta con paneis informativos que describen como foi o proceso de creación desta película de animación que se convertía en todo un referente en innovación e utilización de técnicas de elementos 3D rompendo coa estética e narrativa dominante naquel momento por parte de Disney e Píxar, contando cun deseño e factura propios e diferentes.

Esta exposición amosa o proceso creativo e profesional que marcou un fito na industria da animación galega e española