Ir ao contido principal
Pablo Millán

Pablo Millán

1976Santiago de Compostela

Desenvolve unha obra profundamente experimental, na que mestura linguaxes e disciplinas para explorar novas formas de expresión audiovisual.

Biografía

O compostelán Pablo Millán rematou os estudos musicais no Conservatorio ao mesmo tempo que finalizaba a carreira de Belas Artes. Pablo ven sendo un representante do que podería denominarse "creador total", xa que é o responsable do guión, dirección artística, fotografía, montaxe e a música dos filmes que realiza, sempre cun gran éxito por festivais tanto en España como a nivel internacional: dende o "O conxuro" (2006) , a experimental "Longo sendeiro de pedra" (2007) e a marabillosa peza de animación "A meiga chuchona" (2007). En 2010 rematou a súa segunda curtametraxe de animación "Fatum!", no 2012 "O almorzo" e no 2013 dirixiu o seu último traballo ata o momento, "Kitty Genovese". Actualmente segue a realizar pequenas pezas audiovisuais artísticas sobre o ser humano e as súas preocupacións diarias.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Negra sombra
Ano
2016
Rol
Dirección